Overblog Suivre ce blog
Editer l'article Administration Créer mon blog
SIA - Biennale de SARRIA

Biennale d'art contemporain à Sarria sur le Chemin de Compostelle en Galice

PREMIO XOSÉ DÍAZ FONTES ~ Version Galicienne

Publié le 17 Mars 2013 par sia-sarria in salon international d'automne-SARRIA

 

 

logosarriaV3 150 Para Descargar

PREMIO XOSÉ DÍAZ FONTES

CONCURSO DE CARTEIS  para o "7º  Salón Internacional de Outono. Sarria  2013”

Entidade convocante: SIA-Sarria (Salón International d,Automne-Sarria)

Ámbito: Centros de Ensino Secundario de Sarria (Lugo)

BASES

I.-TEMA:  cartel anunciador do 7º Salón Internacional de Outono. Sarria  2013.

II.- PARTICIPACIÓN

Poderán participar todos os alumnos de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) e Ciclos Formativos de Grado Medio de todos os centros escolares de Sarria,  podendo presentar un máximo dunha obra, sendo condición indispensable que sexa inédita.

III.- FORMATO e TEXTO

-Opción A: deseño manual, técnica libre en cartolina tamaño A3 (42x29,7cms.). No reverso do cartel deben constar: nome, apelidos, dirección,  número de teléfono do autor e  centro escolar ao que pertence

-Opción B: deseño dixital, a un tamaño real equivalente a un A3 42x29,7 cms., arquivado  nun cd  onde se debe sobrescribir: nome, apelidos, dirección,  número de teléfono do autor e centro escolar ao que pertence

SIA-Sarria  incorporará no cartel ganador o seguinte texto:

7º Salón Internacional de Outono. Sarria 2013. 19 xullo-18 de agosto de 2013

Sedes da exposición: Prisión Comarcal de Sarria, Mosterio da Magdalena,                      Mosterio de Samos

IV.- DATA DE ENTREGA:  Data tope: 20 de maio de 2013.

O 21 de maio un representante de SIA-Sarria recollerá  os traballos dos alumnos en cada centro, tanto os carteis en cartolina como os cds, para ser enviados á sé do xurado en París.

V.- PREMIO  XOSÉ DÍAZ FONTES

Un único premio de 200 euros para o cartel gañador que  será entregado no acto  de inauguración  do 7º Salón de Outono de Sarria  o 19 de xullo de 2013.

O CARTEL  GAÑADOR  SERÁ  A  IMAXE  DO 7º SALÓN  INTERNACIONAL DE OUTONO SARRIA 2013.

VI.- XURADO. O xurado estará composto por 3 membros de SIA-Sarria.

O fallo do concurso farase público na primeira quincena de xuño en  El Progreso e La Voz de Galicia, nos taboleiros de anuncios dos centros escolares participantes e na páxina web www.sia-sarria.eu. O concurso poderase declarar deserto en caso de non alcanzar os carteis presentados a calidade desexada.

VII.- PROPIEDADE E EXPOSICIÓN

Os carteis presentados pasarán a ser propiedade de SIA-Sarria e  poderán ser reproducidos en todo tipo de soportes  sen que iso dea dereito a retribución algunha aos concursantes.  Así mesmo  poderán ser expostos na Casa da Cultura de Sarria  durante o mes de xullo de 2013.

VIII.- ACEPTACIÓN

A participación neste concurso comporta a plena aceptación destas bases.

Estas bases pódense consultar en: www.sia-sarria.eu.  a partir  do 18 de abril de 2013.

 

A XEITO DE INFORMACIÓN:

Cando está a piques de abrir as súas portas a sétima edición do Salón Internacional de Outono en Sarria, é posible que os sarriaos  non sexamos aínda conscientes da transcendencia deste evento, que  o esforzo, tesón e entusiasmo do  falecido escultor sarriao radicado en París, Xosé Díaz Fuentes, puxo en pé. Quizá virá ben  facer un pouco de historia

O chamado Salón de París xorde a principios do século XVIII  como  exposición de arte oficial da Academia de Belas Artes;  a participación  nel era esencial para calquera artista que pretendese triunfar.  Pero os artistas dos movementos que empezan a xurdir na segunda metade do século XIX, e moi en particular os Impresionistas rexeitan  a  rixidez, o academicismo  e o conservadorismo  das normas do Salón Oficial e buscan  outros espazos onde expoñer as súas obras. Neste contexto, en 1903, un grupo de pintores e escultores liderados por Renoir  e Rodin, organizan o Salón d'Automne (Salón de Outono) que  abre as súas portas,  primeiro no  Petit Palais  e  máis tarde no Grand Palais, edificios emblemáticos situados en pleno corazón da cidade,  nos Campos Eliseos.  Desde entón todos os outonos París ofrece unha cita ineludible coa arte. 

Do Impresionnismo,  ao  Postimpresionismo,  pasando polo Fauvismo, o Surrealismo, o Cubismo, a Arte Conceptual,   todas  as  correntes artísticas e todos os grandes artistas  do  século XX, de Matisse a Picasso pasando por Dalí, Miró, Duchamp, ……………… estiveron presentes no  Salón d,Automne que constituíu unha das pezas crave que fixeron de París a capital mundial da arte durante unha gran parte do século XX.

E desde o 2005, todos veráns, a sociedade Salón International d,Automne-Sarria (SIA-Sarria), filla do Salón d,Automne de París, expón a obra plástica (pintura, escultura, instalacións, videos………) dunha considerable cantidade de artistas de varios países do mundo xunto a un nutrido representación de artistas sarriaos e galegos,  algúns deles participantes  tamén no Salón d,Automne de París

 

 

Salon d'Automne de París, un poco de historia ...

 

 

 

 

 

Commenter cet article